Letras galegas 2014-Xosé María Díaz Castro
O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e a obra do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro. Os estudantes deseñarán marcapáxinas inspirados na obra deste autor e empregarán as novas tecnoloxías como medio de traballo.IV concurso europeo de marcapáxinas sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro
Bases:
1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 15 de maio e o xurado dará a coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.
Sem comentários:
Enviar um comentário