domingo, 30 de novembro de 2014

Plano das atividades - Letras Galegas 2015 (eTwinning)

Introdución 



O principal obxectivo deste proxecto é coñecer un pouco máis a lingua galega e os seus escritores.
Este ano é a quinta edición deste proxecto, e estará adicado a Rosalía de Castro. Ela foi a primeira autora homenaxeada no Día das Letras Galegas en 1963.
Os nosos socios europeos tamén aprenderán algo da lingua galega. Aínda que é unha lingua minoritaria, será usada como vehículo de comunicación entre socios, ao mesmo tempo que o inglés.

Presentación (data límite 12 de decembro)
O principal obxectivo desta actividade é darse a coñecer uns a outros.
Cada colexio debe gravar un vídeo de presentación para o resto dos compañeiros do proxecto.
No vídeo, deben responderse a estas preguntas:
¿Cal é o nome da miña escola?
¿Onde está a miña escola?
¿Que idiomas son oficiais na miña rexión?
Este vídeo debe rematarse cunha destas sentencias:
Colexios de fóra de Galicia: “Vou falar galego”
Colexios de Galicia: “Eu falo galego”
Cada colexio gravará este vídeo no seu propio idioma. Pódense usar subtítulos en inglés.

Curso de galego - Xaneiro
Ata agora, estas son as escolas que se uniron ao proxecto.
De fóra Galicia:
Escola Secundária Carlos Amarante, Braga, Portugal
Liceo Classico "S. G. Calasanzio", Carcare (SV), Italy
Lycée professionnel Jean d'Arcet, AIRE SUR L'ADOUR, France
IES "Rey Don García", Nájera, Spain
De Galicia:
IES PRAIA BARRAÑA, Boiro, Spain
IES Pontepedriña, Santiago de Compostela, Spain
IES Muralla Romana, Lugo, Spain
IES Maximino Romero de Lema, Baio - Zas, Spain
IES San Clemente, Santiago de Compostela, Spain
Nesta actividade, unha escola de fóra de Galicia debe preguntar a alguén en Galicia, como se di unha palabra ou expresión en galego. Cada escola debe preguntar polo menos dúas palabras ou expresións. Temos que asegurarnos que todos participen na actividade.
As preguntas poden ser gravadas mediante vídeo no voso idioma materno. As respostas tamén serán contestadas en vídeo.
Podemos usar un blogue para facer preguntas e contestalas.
Información sobre Rosalía de Castro - Febreiro
Como todos os anos, subiremos ao TwinSpace algunha información sobre Rosalía de Castro.

Este ano tamén nos gustaría facer unha tarefa colaborativa. Podemos facer unha cronoloxía das súas obras de forma colaborativa. Cada escola debe escoller unha obra e engadir á cronoloxía algunha información sobre ela. Esta información debe incluír, como mínimo, cando e onde foi publicada.
Debedes ter en conta que Rosalía de Castro ten traballos en castelán e en galego. Para a cronoloxía podemos usar todas as súas obras. Pero só usaremos a súa obra en galego para os marcapáxinas.

Marcapáxinas – Abril
Como en edicións pasadas.

Actividades finais – Maio
Como actividade final podemos gravar un vídeo similar ao que fixemos o ano pasado. Cada escola pode gravar un verso dun poema. Despois, a nosa escola, editará e montará un vídeo final conxunto.
Tamén podemos facer algunhas actividades de avaliación e opinión sobre o proxecto.


domingo, 9 de novembro de 2014

Mais dois Selos Europeus de Qualidade para a ESCA

A ESCA recebeu dois selos europeus de qualidade pelos projetos: Letras Galegas 2014 - Xosé María Díaz Castro e Let's Flip Together

------------------------------------------------------

Workshop de Desenvolvimento Profissional

Terminou hoje em Guimarães o Workshop de Desenvolvimento Profissional 2014 organizado pelo serviço nacional eTwinning.

Ver aqui

Workshop